13 DE AGOSTO DE 2023
Uzbekistán e un país remoto e descoñecido para moita xente, que xenera medo e desconfianza a primeira vez que se escoita o seu nome. Situado en Asia Central, ocupa un lugar xeográfico que non está delimitado por accidentes xeograficos evidentes. Uzbekistán non ten contacto co océano, nin tampouco os países cos que delimita. Ata hai unhas décadas tiña unha franxa costeira no Mar de Aral, pero os regadíos construídos desde 1960 para o cultivo de algodón foron desecando o que era o maior lago do planeta ata convertelo nun paraxe degradado, ermo e contaminado, endurecendo aínda máis as condicións desta árida rexión.
Os países veciños de Uzbekistán son Kazaxistán a norte e este, Kirguistán e Taxikistán ao oeste, Turkmenistán e Afganistán ao sur. Todos son países maioritariamente musulmáns, e todos, salvo Afganistán, foron repúblicas da Union Sovietica, quen dirixiu as súas historias durante o século XX.
Tendo os mares tan lonxe, Uzbekistán é bastante árido, dominado por un clima continental extremo de veráns moi secos e quentes e invernos moi fríos. O deserto debería ser a norma, pero dous ríos de caudal importante ─ o Amu Darya e o Sir Darya ─ fixeron posible a presencia humana desde os inicios das civilizacións, senón antes.
Aterramos en Tashkent, a capital do país, nun avión de Uzbekistán Airways procedente de Estambul. A pesar de ter máis de 2000 anos de antigüidade e do seu papel relevante na historia da rexión, Tashkent non conta con demasiados atractivos turísticos. No ano 1966, un potente terremoto destruiu a maior parte da cidade antiga, desaparecendo case todos os edificios e monumentos históricos. A Unión Soviética enviou traballadores de todas as repúblicas para participar nas labores de reconstrucción e como resultado, Tashkent é hoxe unha típica cidade soviética con grandes avenidas e enormes estatuas e memoriais de inspiración socialista.
Incluso as estacións de metro recordan ás luxosas estacións dos metros de Moscú e San Petersburgo, deseñadas coa idea de ser o palacio do pobo. Parte destes traballadores quedaron aquí alterando tamén a composición étnica da poboación, previamente composta por uzbecos de aspecto máis ou menos asiático.
Chamounos a atención a cantidade de frondosos e frescos parques cos que conta a cidade, algo asombroso tendo en conta a aridez do clima.