24, 25 E 26 DE DECEMBRO DE 2023

A maior parte da superficie de Exipto está ocupada polo deserto do Sahara, surcado de norte a sur polo río Nilo. Esta configuración xeográfica provoca que case toda a poboación do país esté concentrada nas fértiles terras regadas polo río, aínda que hai tamén pequenos grupos de poboación nos cinco ou seis oasis que salpican o deserto.

A civilización exipcia floreceu grazas as inundacións periódicas do Nilo, que todos os anos fertilizaban as terras de cultivo. Pero se o río fixo posible o nacemento dunha sociedade avanzada e dun estado centralizado que xestionaba os recursos, o deserto xogou un papel fundamental no mantemento dunha cultura autóctona practicamente inalterada durante máis de tres milenios ao aislar e protexer a Exipto das potencias estranxeiras.

Comezamos a nosa viaxe polo país cunha incursión de tres días en todoterreo polo deserto occidental, cunha gran variedade de paisaxes que semellan todos eles sacados doutro planeta.

Millóns de anos atrás, esta zona estaba cuberta polo mar de Tetis, no que se acumularon restos da animais mariños e sedimentos procendentes da erosión do continente, que acabaron formando as rochas que se ven hoxe.

En Wadi al-Hitan atópase un xacemento paleontolóxico excepcional, declarado Patrimonio da Humanidade, con centos de fósiles intactos. A gran maioría pertencen a cetáceos arcaicos, de hai entre 56 e 34 millóns de anos, nos que se pode observar a transición destes animais de mamíferos terrestres a mariños xa que todavía conservan vestixios de patas dianteiras e traseiras.

Hai un pequeño centro de interpretación e un percorrido sinalizado que conduce a varios fósiles desperdigados polo deserto, excavados desde a década de 1980.

Esqueleto de balea arcaica Basilosaurus, onde se aprecia unha pata dianteira

Despois de pasar a noite no oasis de Bahariya, partimos en 4×4 con noso conductor Hazem, moi experimentado en guiar expedicións de varios días e en conducir polo deserto. Paramos no coñecido como Deserto Negro, que debe o seu nome as capas de basalto e outras rochas escuras procedentes de antigos volcáns submariños.

A seguinte parada foi na Montaña de Cristal, formada por grandes cristais de calcita e barita froito tamén da pasada actividade volcánica.

Pouco a pouco, continuando a nosa ruta, a cor escura comeza a desaparecer para dar paso ao dourado das dunas de area e ao blanco resplandecente da caliza. A viaxe en si mesma é unha aventura, co 4×4 subindo e baixando dunas de gran pendente e altura. Toda esta area procede dunha rexión do Sahara entre Exipto e Libia coñecida como o Gran Mar de Area, un dos máis extensos campos de dunas do mundo. É unha area tan fina que pode desprazarse transportada polo vento ata lugares moi distantes da súa lugar de orixe.

O Deserto Branco é un espazo natural protexido polas súas formacións rochosas erosionadas en tempos remotos pola acción da auga e na actualidade pola acción do vento e as tormentas de area. Montículos brancos de caliza de creta, de diversas formas e tamaños, dominan a paisaxe en todas as direccións, e nas zonas libres de area incluso o chan parece pavimentado de branco.

Pasamos a noite en tenda de campaña neste lugar, a onde se achegou un dos poucos animais que sobreviven nesta zona tan árida: o pequeno fénec ou raposo do deserto (Vulpes zerda).

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *