5 DE XANEIRO DE 2024

O Val dos Reis non é a única necrópole situada na ribeira occidental de Luxor, xa que o lugar por onde se poñía o sol cada día era considerado o feudo dos mortos. Aquí enterráronse os membros da familia real, pero tamén os nobres e altos funcionarios así como os artistas e artesáns que traballaban nas tumbas. Os faraóns erixiron nesta orilla os templos funerarios onde se lles rendían culto trala súa morte, en contraposición aos templos da orilla oriental onde se lles veneraba en vida como encarnación de Amón na terra.

Pouco se conserva do templo funerario de Amenhotep III salvo dúas enormes estatuas do faraón que noutro tempo presidían a porta de entrada. Os gregos identificaron erroneamente estas estatuas con Memnón, lendario heroe da guerra de Troia, e se converteron nunha gran atracción turística na época. Viaxeiros gregos e romanos gravaron nos colosos inscripcións cos seus nomes e comentarios, un exemplo de que o vandalismo contra os monumentos ven de antigo.

Pé dun dos colosos cuberto de inscricións gregas

O último dos moitos templos que visitamos nesta viaxe por Exipto foi o de Medinet Habu, templo funerario de Ramsés III. A pesar dos 3500 anos que pasaron desde a súa construcción, os seus relevos conservan gran parte das cores orixinais en columnas, muros e teitos.

Os escribas fan o reconto das mans amputadas aos enimigos ante o faraón

O Val das Raíñas foi o lugar de enterramento das raíñas, príncipes e princesas do Reino Novo. Das case cen tumbas documentadas só se poden visitar catro, entre elas a de Nefertari, esposa favorita e máis poderosa de Ramsés II. A decoración da súa tumba é quizáis a máis fermosa de todas as que vimos, tanto polas súas cores como polos seus detalles. A raíña aparece en distintas esceas ante os deuses, sempre cun vestido branco semitransparente e un tocado en forma de voitre con dúas longas plumas que a identifican como gran esposa real.

Aínda que a decoración é de menor calidade, tamén nos gustaron as tumbas de dous dos fillos de Ramsés III, mortos cando eran adolescentes. O faraón acompaña aos seus fillos para recomendalos ante os deuses, e estes van peiteados coa trenza lateral que era típica da infancia.

Ramsés III acompaña ao seu fillo na viaxe ao inframundo

Os traballadores encargados da construcción, decoración e vixiancia das tumbas vivían en Deir el Medina, un poboado a medio camiño entre o Val dos Reis e o das Raíñas. En tempos de Ramsés III, no século XII a.C., estes traballadores fixeron a primeira folga documentada da historia, esixindo o pago de salarios atrasados. Construiron as súas propias tumbas neste mesmo lugar, onde se incluían esceas da vida cotiá ademáis de pinturas máis clásicas de carácter funerario. A entrada das tumbas sinalábase cunha pequena pirámide.

Poboado dos traballadores
Tumbas dos traballadores cerca do poboado, a pirámide é unha reconstrucción recente
Labores agrícolas nos campos do Máis Alá, na tumba do artesano Sennedjem
Clásica escea de Anubis preparando a momia do defunto
Ceremonia funeraria da apertura da boca, coa que crían devolver os sentidos ao defunto
O corazón do defunto debía ser máis lixeiro que unha pluma para acceder á vida eterna. Templo de Deir el Medina

Nesta zona hai outras seis necrópoles, coñecidas no seu conxunto co nome de Val dos Nobres, onde se enterraron persoas que ostentaban cargos importantes e que eran cercanas á familia real.

Representación de distintos oficios na tumba do visir Rekhmire
Desfile de ofrendas, entre elas unha xirafa, na tumba do visir Rekhmire

Con isto rematamos a nosa estancia en Luxor, e esa mesma noite collimos un avión que nos levou de volta ao Cairo.

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *