6 DE AGOSTO DE 2024

A rexión de Alsacia está situada no nordeste de Francia, facendo fronteira con Alemania. Estes dous países disputáronse a soberanía da rexión durante séculos e cambiou de mans varias veces ao longo da historia. A arquitectura, os topónimos e as tradicións reflexan ben esta dobre influencia e aínda que a maioría da poboación fala hoxe en francés, unha porcentaxe significativa ten como primeira lingua o alsaciano, que é un dialecto alemán.

Fixemos un alto no noso camiño cara aos Alpes austríacos para coñecer esta comarca repleta de viñedos e pequenas vilas pintorescas. A arquitectura tradicional de casas con entramado de madeira conservouse perfectamente e parece ter cambiado pouco desde a Idade Media.

O comercio do viño fixo próspera a rexión, coa cidade de Colmar como principal centro comercial e importante porto fluvial grazas aos seus canais navegables.

Ademais de Colmar, visitamos as vilas de Eguisheim, Riquewihr, Ribeauvillé, Turckheim e Kaisersberg, moi pequenas e próximas entre si. Todas seguen o mesmo esquema de rúas empedradas, casas de cores con bodegas nos baixos e viñedos estendéndose ata as murallas. Entre as vides plántanse roseiras porque cren que así poden detectar máis rapidamente as pragas.

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *