7 E 8 DE AGOSTO DE 2024
Aproveitamos a nosa ruta en coche ata Austria para facer unha breve visita ás rexións da Selva Negra e Baviera, no sur de Alemania. A pesar de ser unha zona bastante industrializada, está cuberta de densos bosques e conserva pequenas poboacións medievais. A economía da zona baseouse tradicionalmente na minería e na explotación forestal, e na actualidade tamén no turismo.
Con máis dun millón de visitantes anuais, o castelo de Neuschwanstein é a maior atracción turística da zona. Foi mandado construír polo rei Luis II de Baviera a finais do século XIX seguindo a idea romántica do que debía ser un castelo medieval. Non tivo nunca unha función defensiva e as súas almenas, torres e pináculos son puramente ornamentais. Parece sacado dun conto, pero en realidade foron os contos os que se inspiraron nel desde que serviu de modelo a Disney para o castelo da Bela Durminte.