30 DE DECEMBRO DE 2024

Asclepio era o deus grego da medicina, fillo de Apolo e pai de Panacea segundo a mitoloxía. Os enfermos acudían en busca de curación aos seus santuarios, repartidos por toda Grecia. O máis afamado de todos era o de Epidauro, na península do Peloponeso. Alí había aloxamento para máis dun centenar de pacientes, e os tratamentos combinaban a medicina coa relixión. Os enfermos pasaban a noite nun edificio onde supostamente Asclepio se lles aparecía en sonos. Estes sonos reveladores eran despois interpretados polos sacerdotes, que prescribían o tratamento a seguir.

O santuario alcanzou o seu apoxeo no século IV a. C. e as riquezas conseguidas grazas as ofrendas dos pacientes investíronse na construción dun monumental teatro. Nun principio contaba con capacidade para 6000 espectadores, duplicándose tempo despois coa construción de novas gradas. A diferenza doutros teatros gregos, o de Epidauro conservouse en excelente estado sen grandes modificacións posteriores.

Os romanos copiaron dos gregos a idea de teatro semicircular con gradas en abanico arredor do escenario e estenderon este modelo por todos o seus territorios.

Corinto foi unha das cidades-estado máis prósperas e poderosas da antiga Grecia, especialmente grazas ao comercio marítimo, impulsado coa fundación de colonias como Siracusa en Sicilia. Os romanos destruírona completamente no ano 146 a. C. como castigo por rebelarse contra o seu dominio, pero un século máis tarde Xulio César refundouna como colonia romana e converteuna novamente nun importante enclave comercial e cultural.

Templo de Apolo, do século VI a. C, un dos poucos edificios que non foi totalmente arrasado polos romanos
Templo de Apolo
Calzada romana

É coñecida a súa relación co cristianismo primitivo, xa que o apóstol Pablo predicou na cidade, estableceu unha igrexa e escribiu as Cartas aos Corintios recollidas no Novo Testamento.

Tribuna na que se xuzgou a San Pablo, acusado polos xudeos de predicar ilegalmente

Tamén pode gustarche...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *