Amosando: 1 - 11 de 261 RESULTADOS
Cataluña

Tres obras de Gaudí moi diferentes

 8 E 9 DE XANEIRO DE 2022. Eusebi Güell foi un empresario de moito éxito, herdeiro da gran fortuna que o seu pai fixo en Cuba e que multiplicou ata converterse nun dos homes máis ricos de España. Pero ademais era unha persoa culta e ilustrada, e actuou como mecenas de numerosos artistas de todas as artes. Gaudí e Güell coñecéronse en 1878, cando o empresario queda fascinado con unha vitrina de comercio que o arquitecto deseñara para unha guantería. …

Cataluña

A arquitectura modernista de Domènech i Montaner

7 E 8 DE XANEIRO DE 2022. Un total de 9 edificios modernistas de Barcelona foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Destes, 7 son obra de Gaudí. Os outros dous son o Hospital de la Santa Creu i Sant Pau e o Palau de la Música Catalana, do arquitecto Lluís Domènech i Montaner, considerado o pai do modernismo catalán. A historia do hospital comeza noutro conxunto de edificios do casco antigo, o vello Hospital de la Santa Creu, un …

Cataluña

As célebres casas de Gaudí: Batlló e Milá

6 DE XANEIRO DE 2022 A finais do século XIX e principios do XX, a burguesía industrial de Barcelona comeza a interesarse polas novas correntes arquitectónicas e artísticas que percorrían Europa e que en Cataluña denomináronse Modernismo. Así, as familias adiñeiradas contratan aos arquitectos de moda para construir as súas casas e lles dan plena liberdade creativa, dando como resultado obras orixinais e innovadoras que rompían coa estética imperante ata ese momento. Son moitos os edificios deste estilo que se poden …

Cataluña

A Sagrada Familia de Gaudí

5 DE XANEIRO DE 2022 A construcción desta basílica iniciase a finais do século XIX coa intención de levantar un templo expiatorio de inspiración gótica. Un templo expiatorio é aquel financiado unicamente co prezo das entradas e doazóns. Pode que falten décadas para ver a basílica rematada, pero xa é o monumento máis visitado de España. Pouco despois de colocar as primeiras pedras o xoven arquitecto Antoni Gaudí faise cargo do proxecto ao que acabará adicando gran parte da súa …

Portugal

A histórica cidade de Évora

11 E 12 DE OUTUBRO DE 2021 A cidade de Évora é a capital histórica da rexión do Alentejo e o seu casco vello foi incluido na lista da Unesco como Patrimonio da Humanidade. Nela atopamos o mesmo tipo de arquitectura popular das vilas desta rexión, pero cun engadido de monumentalidade que revela a importancia que tivo esta pequena e animada cidade desde os tempos dos romanos. Praza do Giraldo Catedral Igrexa da Misericordia  Da Évora romana apenas se conservan …

Portugal

Os pobos do Alto Alentejo

9 E 10 DE OUTUBRO DE 2021 Circunstancias azarosas fixeron que nesta ponte de outubro acabáramos no Alto Alentejo de forma imprevista. Esta rexión portuguesa está situada, como indica o seu nome, máis alá do río Tejo, e o río Guadiana separa ao Alentejo da Extremadura española. É unha zona fronteiriza que foi moi conflictiva no pasado, e tal como vimos recentemente en Ciudad Rodrigo ou en Valença do Minho, a defensa militar marcou o seu urbanismo. A paisaxe alentexana …

Portugal

En bici pola ecopista do Miño

 28 DE AGOSTO DE 2021 Na marxe portuguesa do río Miño, entre Monçao e Vila Nova de Cerveira, discorre unha vía verde perfectamente acondicionada para ciclistas e camiñantes. Como apenas ten desnivel, resulta moi agradable pedalear ao longo dos seus 37 km, sempre á beira do río seguindo o trazado dun antigo ferrocarril. A pouca distancia de Monçao fixemos unha primeira parada para subir á Torre de Lapela, único elemento que se conserva dunha fortaleza medieval que defendía a fronteira …

Castilla y León

Ciudad Rodrigo e Arribes del Duero

2 E 3 DE AGOSTO DE 2021 Tras a breve estancia na capital salmantina, movémonos cara o noroeste da provincia para achegarnos ata as Arribes do Douro, delimitando con Zamora e que ademáis marca a liña de fronteira con Portugal. As Arribes é como lle chaman ao canón excavado aquí por este río e que nalgúns tramos é moi abrupto. En poucas decenas de quilómetros o río salva o desnivel existente entre a meseta e o seu curso baixo, atravesando …

Castilla y León

Un paseo por Salamanca

31 DE XULLO E 1 DE AGOSTO DE 2021 Salamanca ofrece a primeira sorpresa ao entrar na Praza Maior. Tan pronto como se accede por algunha das súas portas parece que asomamos a cabeza ao século XVIII, data da súa construción. A súa arquitectura é simple: un amplo cadrado encerrado por unha fachada que percorre o perímetro, apenas interrompido por algúns arcos que permiten entrar ao recinto. A praza está libre de intervencións contemporáneas destacables: non hai parkings, nin pavillóns, …

Malta

Coñecendo Malta e Gozo

 DO 7 AO 12 DE XULLO DE 2021 Malta é un arquipélago sen apenas recursos naturais, pois non ten fontes de auga e o seu clima seco faino pouco propicio para a agricultura. As illas son de rocha caliza, hai moi poucas árbores e a maioría da súa superficie non serve para cultivar nada. Sen embargo, a súa posición estratéxica no Mediterráneo central, a medio camiño entre Europa e África, entre Oriente e Occidente, fixo de Malta un lugar codiciado …

Malta

Os templos megalíticos de Malta

DO 7 AO 12 DE XULLO DE 2021 Alguén que non afondase moito pensaría que en Malta non hai máis que sol, praia, festa e estudantes de inglés. Pero para nós, a principal motivación que nos trouxo a este minúsculo país ─ que ocupa unha centésima parte da superficie de Galicia ─ foi a arqueoloxía. A historia comeza arredor do ano 5000 a. C., cando un grupo de agricultores e gandeiros procedentes de Sicilia instalouse no pequeno arquipélago maltés. Tras moitos séculos, …