20 DE ABRIL DE 2011 A rexión situada nas faldas da ladeira sur de Serra Nevada se coñece como Alpujarra. É unha zona montañosa e abrupta, de clima suave, situada aos pés das maiores cumbres da península. As casas dos pequenos pobos se sitúan en terrazas, teñen o tellado plano con chimeneas características, e son de cor branco uniforme por estar caleadas. Despois da rendición de Granada, moitos moros se acomodaron nesta rexión, onde todavía se observan características propias da …
Andalucía
A Alhambra de Granada
19 DE ABRIL DE 2011 No século XI había unha fortaleza árabe neste lugar, que se ampliou ata converterse nunha cidade-palacio durante o reinado dos nazaríes en Granada, nos séculos XIII e XIV. Dentro dun gran recinto amurallado que incluía a alcazaba orixinal se construíron varios palacios, unha mesquita, vivendas, baños e outros edificios. Todo isto conformaba unha cidade autónoma para a corte real, altos funcionarios e soldados de elite. A poboación de Granada vivía na súa maioría no Albaicín, na colina …
Maravillas naturais do interior de Málaga
18 DE ABRIL DE 2011 Nunha fría e soleada mañá achegámonos á lagoa de Fuente de Piedra, no nordeste da provincia de Málaga. É unha enorme superficie de auga salgada e pouco profunda onde vive e se reproduce unha importante colonia de flamencos, así como outras aves propias de estes ecosistemas. A lagoa foi explotada como salina ata ben entrado o século XX, e foi despois do seu abandono industrial cando os animais voltaron pouco a pouco, ata que as distintas administracións …
Córdoba
17 DE ABRIL DE 2011 O principal atractivo de Córdoba é a súa mesquita, unha obra que hoxe é excepcional por ser o mellor exemplo de arquitectura relixiosa musulmá que se conserva en España, pero que foi revolucionaria xa na súa época porque non se fixera nunca unha mesquita igual no mundo árabe. No ano 784 Abderramán I mercou unha basílica visigoda coa fin de construir no sitio un lugar de oración para a crecente comunidade musulmá da cidade. Pretendía recrear un …
Viaxe a Andalucía Oriental
Nesta Semana Santa planeamos ir ao sur de España para coñecer Granada e a súa Serra, entre outras cousas. No camiño de ida desde Pontevedra paramos en Segovia, e completamos a viaxe visitando Córdoba, o Torcal de Antequera e a lagoa de Fuente de Piedra. No plan orixinal contábamos con facer senderismo en Sierra Nevada e na serra de Cazorla, pero a ameaza de mal tempo nos obrigou a cancelalo.