2 E 3 DE AGOSTO DE 2021 Tras a breve estancia na capital salmantina, movémonos cara o noroeste da provincia para achegarnos ata as Arribes do Douro, delimitando con Zamora e que ademáis marca a liña de fronteira con Portugal. As Arribes é como lle chaman ao canón excavado aquí por este río e que nalgúns tramos é moi abrupto. En poucas decenas de quilómetros o río salva o desnivel existente entre a meseta e o seu curso baixo, atravesando …
Castilla y León
Un paseo por Salamanca
31 DE XULLO E 1 DE AGOSTO DE 2021 Salamanca ofrece a primeira sorpresa ao entrar na Praza Maior. Tan pronto como se accede por algunha das súas portas parece que asomamos a cabeza ao século XVIII, data da súa construción. A súa arquitectura é simple: un amplo cadrado encerrado por unha fachada que percorre o perímetro, apenas interrompido por algúns arcos que permiten entrar ao recinto. A praza está libre de intervencións contemporáneas destacables: non hai parkings, nin pavillóns, …
Escapada a Valladolid
15, 16 E 17 DE MAIO DE 2021 Tras moitos meses confinados en Galicia, o levantamento das restriccións coincidiu coa ponte das Letras Galegas, polo que non perdemos a oportunidade de sair fóra das nosas fronteiras. Decidimos ir a Valladolid, pois gostamos moito das terras de Castela e tiñamos percorrido case toda a rexión, salvo esta provincia. O carácter desta provincia reflicte o seu pasado de fronteira entre o mundo cristián e o musulmán. O río Douro funcionou durante varios …
Soria, polas terras de Berlanga
15 DE XULLO DE 2020 Nos séculos X e XI esta comarca de Soria, coñecida como Terras de Berlanga, quedaba na liña de fronteira entre o califato de Córdoba e os reinos cristiáns. Cando estes últimos conquistaron definitivamente a rexión, as terras de Berlanga pasaron a estar na fronteira entre os reinos de Castela e de Aragón, polo que continuou sendo un lugar de conflicto entre as grandes potencias do momento. Son testemuña deste pasado as abundantes fortalezas militares, atalaias …
Soria, na ribeira do Douro
13 E 14 DE XULLO DE 2020 Dadas as circunstancias de pandemia nas que nos atopamos, este verán parecíanos un pouco arriscado viaxar lonxe da casa. Así que pensamos en dar unha volta a España para percorrer aqueles lugares que non coñecíamos ou que nos apetecía repetir. Durante a planificación posterior atopamos tantos puntos de interese que non nos quedou outra que deixar boa parte da península para outra ocasión. Iniciamos o noso periplo en Soria, un territorio rural e …
As montañas do Bierzo
27, 28 E 29 DE DECEMBRO DE 2019 Esta visita levaba planificada moito tempo, pero a meteoroloxia fixo inviable ir durante o outono. O anticiclón de final de ano dounos por fin unha oportunidade de sair da casa, así que collimos a roupa de abrigo e marchamos ao Bierzo a camiñar. A néboa e o frío acompañáronnos nesta viaxe Comezamos nas Médulas, un lugar incrible que é o resultado da radical modificación do terreo por parte dos romanos hai 2000 …
Medievo e moito máis na provincia de Burgos
DE 12 A 15 DE XULLO DE 2018 Desprazámonos a Burgos para asistir a Naukas Evolución 2018, un evento de divulgación científica no que participaron algúns dos mais recoñecidos investigadores no ámbito da evolución humana, e aproveitamos a ocasión para percorrer un pouco a provincia nos días anteriores ás conferencias. Catedral de Burgos Achegámonos a diferentes pobos burgaleses, apartados de grandes núcleos de poboación, rodeados de campos, bosques e ríos, visitando mosteiros e igrexas, castelos e pazos, rúas e prazas. …
Segovia e o seu acueducto
16 DE ABRIL DE 2011 Hai uns 2000 anos os romanos fixeron un forte militar en un lugar escarpado rodeado de barrancos, onde actualmente está a cidade de Segovia. Construíron unha condución de 15 km desde a serra para abastecer de auga o forte, pero tiveron que salvar un grande desnivel no tramo final edificando o impresionante acueduto que aínda hoxe está en pé. Toda a estrutura, de case un quilómetro de lonxitude, se sostén sen usar morteiro ou argamasa, e non precisou …