29, 30 E 31 DE DECEMBRO DE 2015 Un autobús levounos de Puerto Natales a Punta Arenas, cidade chilena situada no Estreito de Magallanes. O motivo para vir ata aquí era visitar dúas das colonias de pingüíns que hai nestas costas. Na pequena illa Magdalena, a dúas horas de lento paseo en barco desde Punta Arenas, aniñan 80000 parellas de pingüíns de Magallanes (Spheniscus magellanicus). As visitas están moi controladas, e só se pode pasear durante unha hora por un sendeiro balizado. …
Os pingüíns patagónicos
