Durante a viaxe polas Illas Galápagos, ademais de sacar unhas 4000 fotos tamén fixemos moitas tomas de video con diferentes cámaras. Logo de revisar e organizar o seu contido, escollemos os fragmentos mais interesantes para facer unha montaxe que nos quedase como recordo. No video final aparecen tartarugas mariñas nadando moi cerca de nós, iguanas terrestres pelexando, unha iguana mariña comendo baixo a auga, tiburóns durmindo na súa cova e lobos mariños incitandonos a xogar con eles.
Ecuador
Fin da viaxe en Quito
29 E 30 DE ABRIL DE 2017 O avión que nos levou de volta ao continente desde a illas Galápagos fixo unha pequena parada na cidade de Guayaquil, para deixar algúns pasaxeiros e coller outros, antes de continuar cara a Quito. Isto permitiu que nos aproximásemos á capital de Ecuador desde o sur seguindo a Avenida dos Volcáns. Este é o nome que lle deu o naturalista Alexander von Humboldt ao corredor central que percorre Ecuador de norte a sur …
Sete días navegando de illa en illa
21 AO 28 DE ABRIL DE 2017 Embarcamos por segunda vez no iate Golondrina, nesta ocasión co propósito de que nos achegase ás máis orientais das Illas Galápagos. Seguindo unha rutina semellante á do primeiro cruceiro, fixemos unha ducia de desembarcos en terra e outras tantas sesións de snorkel polas illas Genovesa, Bartolomé, Santiago, Plaza Sur, Santa Fe, San Cristóbal, Española, Floreana e Seymour Norte. Pero antes fixemos unha curta parada na praia das Bachas, na illa Santa Cruz. Setophaga petechia aureola …
Isabela, a gran illa dos cinco volcáns
18, 19 E 20 DE ABRIL DE 2017 Deixamos o Golondrina por uns días para ir coñecer o sur da illa Isabela pola nosa conta. Esta é, con diferencia, a illa mais grande do arquipélago, resultado da unión de varios volcáns aínda activos. Co tempo, a placa oceánica moverase cara América, o hotspot deixará de alimentar estes volcáns e a erosión do mar convertirá a Isabela en varias illas mais pequenas. Unhas poucas rúas sen pavimentar dan lugar a Puerto Villamil, …
Cruceiro polas illas occidentais
14 AO 17 DE ABRIL DE 2017 O arquipélago das Galápagos componse de 13 illas principais e un montón de illotes e illas menores, polo que para acceder aos lugares de visita é imprescindible ir en barco. Só 4 destas illas están habitadas e o resto do territorio está deshabitado e ten o acceso moi limitado. Para chegar a elas é necesario contratar o servizo con algunha empresa que, ademais de proporcionar o transporte, ten a obriga de levar un guía habilitado polo …
Primeiros días nas illas Galápagos
12, 13 E 14 DE ABRIL DE 2017 Estamos desfrutando dunha longa viaxe percorrendo as Illas Galápagos. Están situadas no océano Pacífico, a 1000 km de Ecuador, que é o país ao que pertencen. A súa orixe é volcánica, resultado da actividade dun hotspot ou punto quente, un fenómeno que tamén crea o arquipélago de Hawai e é a clave que explica a xeoloxía de Islandia. Illadas do resto do mundo, e sendo xóvenes en idade xeolóxica, a súa colonización por parte …
A selva anubrada de Mindo
9, 10 E 11 DE ABRIL DE 2017 A dúas horas de viaxe ao norte de Quito está Mindo, unha pequena vila rodeada de selva anubrada que conta como principal atractivo cunha grande variedade de aves e prantas, o que lle da sona mundial entre a xente afeccionada. Ata aquí viñemos en autobús de línea desde a capital ecuatoriana, para aloxarnos durante tres días na Hacienda San Vicente. Esta estancia posúe 200 hectáreas de selva das que unha pequena parte se poden …