Amosando: 1 - 4 de 4 RESULTADOS
Irlanda

Castelos e mosteiros na Irlanda medieval

DÍAS 4, 5, 6 E 7 DE ABRIL DE 2026 A nosa ruta en coche por Irlanda continuou polos condados do interior da illa, pouco visitados pero que contan cun patrimonio medieval destacado. En Cahir, un castelo do século XIII ocupa unha illa no río Suir. O seu deseño defensivo foi innovador no seu tempo e gran parte da estrutura orixinal permanece en pé pese a ter soportado batallas e asedios. Pertenceu durante séculos á unha rama secundaria da poderosa …

Irlanda

Killarney e o Anel de Kerry

DÍAS 2 E 3 DE ABRIL DE 2026 Irlanda promociónase cara o turismo co lema “a illa esmeralda” e isto pode levar a pensar que goza de amplos espazos boscosos ou dunha natureza exuberante, pero nada máis lonxe da realidade.  Séculos de tala para agricultura, pastoreo e explotación industrial e comercial da madeira converteron a Irlanda nun dos países máis deforestados de Europa, cunha taxa de cobertura vexetal nativa de apenas o 1% do territorio. Ademais, o pastoreo excesivo de …

Irlanda

Arqueoloxía e paisaxes do oeste irlandés

30 E 31 DE MARZO E 1 DE ABRIL DE 2026 No condado de Donegal, no noroeste da illa, sitúase o forte de pedra coñecido como Grianan of Aileach. Estas estruturas circulares, de terra ou de pedra, son moi abundantes en Irlanda, pero a pesar diso non está do todo clara a súa función ou datación. A opinión maioritaria é que se trata de granxas fortificadas nas que vivían unha familia e o seu gando a principios da Idade Media, …

Irlanda

Primeiras impresións de Irlanda

28 DE MARZO DE 2026 Irlanda foi o país escollido para pasar as vacacións de Semana Santa, xa que o seu pequeno tamaño fai que sexa factible recorrelo ao completo en 10 días.  Ademais, as estatísticas climáticas aseguran que abril é o mes menos chuvioso do ano o que, unido a uns prezos moito menores que na temporada de verán, acabou por decantar a elección. No primeiro día xa tivemos ocasión de visitar tres dos atractivos turísticos máis abundantes en Irlanda: …