Amosando: 1 - 11 de 38 RESULTADOS
Islandia

Álbum fotográfico

Para complementar o que fixemos con este blog, creamos un álbum fotográfico de Islandia en www.23hq.com/deviaxe, a onde subimos unha selección das fotos que nos pareceron mais bonitas. Agora temos tamén outro álbum en Panoramio, onde publicamos fotos panorámicas con información sobre a localización xeográfica.

Islandia

Despedida

19 DE AGOSTO DE 2010 A pesares das estradas infernais, de levar case 50 días durmindo en tenda de campaña, de comer de bocadillo mais do soportable, de que na aduana nos confiscaran queixos e chourizos, dos mareos nos barcos, da eterna luz do día que non deixa durmir e de que aquí morran de frío ata as pedras A pesares de todo, volveríamos. Adeus Islandia!

Islandia

Pequeno diccionario de islandés

Joküll: glaciar Islandia é o país con mais superficie glaciar de Europa (11% do país cuberto de xeo), con grande variedade de glaciares, moitos dos cales teñen debaixo un volcán. Súpa: sopa O mellor da gastronomía islandesa son as sopas. En case todos os cafés e restaurantes teñen un recipiente coa sopa do día quente e lista para servir. O costume é autoservirse, tomala con pan e manteiga, e se pode repetir as veces que un queira. Hraun: campo de …

Islandia

A poderosa Detifoss

17 DE AGOSTO DE 2010   Detifoss é a catarata mais caudalosa de Europa. Mais que bonita, é impresionante. Os seus 44 m de altura fanse pequenos ante a estruendosa potencia do caudal que cae por ela, uns 200 m³ por segundo. A fervenza está no rio Jökulsá á Fjöllum, ao comezo do gran canón Jökulsárgljúfur, que levamos percorrendo varios dias. Alimentado por varias linguas do gran glaciar Vatnajökull, o río percorre medio país para desembocar no Océano Ártico. Como en todos os ríos de orixe glaciar, …

Islandia

Camiñando baixo a chuvia

 16 DE AGOSTO DE 2010 Continuamos explorando o canón do Jökulsá á Fjöllum, en un día gris e chuvioso no que foi complicado sacar algunha foto bonita a pesar de que a paisaxe sí que o era. Atopamos mais formacións de columnas basálticas curiosas, grandes e pequenas, dereitas e retorcidas, regulares e irregulares, diferencias que responden a distintas condicións que se deron na solidificación da lava: A flora da zona é moi variada, pois tanto hai areais con vexetación propia das dunas, …

Islandia

Trolls petrificados

15 DE AGOSTO DE 2010   O canón do río Jökulsá á Fjöllum, do que xa falamos onte, atravesa dúas filas de antigos conos volcánicos, que foron erosionados nas riadas catastróficas ocorridas no pasado. Isto deixou á vista extranas e bonitas formacións rochosas, constituídas principalmente por distintas configuracións de columnas basálticas hexagonais: A diferente dureza de cada tipo de rocha leva a que as mais brandas sexan facilmente barridas polo río e as mais duras resalten na paisaxe: A explicación popular islandesa …

Islandia

Unha colosal riada

14 DE AGOSTO DE 2010   Din os xeólogos islandeses que o canón de Ásbyrgi formouse tan só nunhas poucas horas debido a unha colosal riada hai uns 10000 anos. A hipótese mais aceptada afirma que unha erupción debaixo dun glaciar aumentou de fórma súbita o caudal do rio Jökulsá á Fjöllum, e este excavou na rocha, en moi poco tempo, o paso para chegar o mar. Debido a que corre unha inxente cantidade de auga, a gran velocidade, e moi cargada …

Islandia

Un paxaro excepcional

Un dos paxaros mais frecuentes nas costas de Islandia é o charrán ártico (Sterna paradisaea), que leva acompañándonos toda a viaxe e do que xa puxemos algunha foto. Sempre nos gustou esta ave pola súa silueta e a elegante forma de voar. Sorprendeunos moito cando, buscando mais información sobre él na wikipedia, nos enteramos de que este paxaro, mais pequeno que grande, fai todos os anos unha viaxe de ida e volta ata a Antártida. Durante os meses do noso …

Islandia

A caldeira de Askja

12 DE AGOSTO DE 2010 Fai moitos miles de anos, un enorme volcán esgotou a lava que lle quedaba na súa cámara magmática, tras o que esta se derumbou e formou unha depresión no terreo duns 50 km², coñecida como caldeira de Askja. O nome de caldeira está motivado porque a nova depresión queda rodeada polas paredes do antigo volcán. No ano 1875 unha nova e extraordinaria erupción sucedeu dentro da caldeira de Askja, e ao remate desta, outra vez se derrumbou a …

Islandia

Un volcán a punto de estalar

11 DE AGOSTO DE 2010   Os arredores do lago Mývatn son unha zona volcánica moi activa e se poden ver numerosas manifestacións, tanto antigas como moi recentes, desta actividade. Por exemplo, a paisaxe case marciana de Hverarönð está composta de fumarolas, pozas de lama fervendo e fontes de auga en ebullición que expulsan grandes cantidades de vapor sulfuroso, e todo o entorno está tinxido da cor amarela do xofre e impregnado do seu cheiro fétido. A escasa distancia, o volcán de …

Islandia

Fendas quentes

10 DE AGOSTO DE 2010 O entorno do lago Mývatn é a zona mais turística do norte de Islandia pola espectacularidade da súa paisaxe. Está situado directamente sobre o “rift” ou fenda por onde se separan as placas europea e americana, e unha violenta xeoloxía está aínda dándolle forma ao lugar. Un dos numerosos campos de lava da zona está atravesado por fendas cheas de auga quente, como Grjotagjá, que está a unha temperatura de case 50º. O cráter de Hverfell é …