16 DE XULLO DE 2020 Para desprazarnos de Soria a La Rioja cruzamos a Sierra Cebollera, a través de bonitas paisaxes de montaña que non esperabamos ver nesta comunidade autónoma, pois na súa maior parte a xeografía rioxana é unha chaira levemente ondulada e adicada ao cultivo da vid e dos cereais. Chegamos a Nájera, capital do reino de Navarra durante algo máis de 100 anos ata que a finais do século XI o reino de Castela anexionouse o territorio …