31 DE XULLO, 1 E 2 DE AGOSTO DE 2015 Atravesamos en autobus as áridas terras do altiplano para chegar á beira do lago Titicaca onde, segundo a mitoloxía andina, emerxeron das augas o sol e a lúa. O inmenso lago está situado entre Perú e Bolivia a unha altitude próxima aos 4000 m. Desde a cidade de Puno, no lado peruano, fixemos unha visita en barca a unhas peculiares illas. O pobo dos Uros viuse ameazado polos incas cando estes comezaron …
O lago Titicaca
