Amosando: 1 - 5 de 5 RESULTADOS
Polonia

A rexión de Silesia

18 DE ABRIL DE 2025 A rexión de Silesia, no suroeste polaco, cambiou de mans varias veces desde a Idade Media, pois debido ao seu carácter fronteirizo a rexión foi disputada e habitada por polacos, checos e alemáns. No século XVII, Silesia formaba parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, en mans dos católicos Habsburgo. Pero na rexión había moitos protestantes, e tras a Guerra dos Trinta Anos que enfrentou a católicos e protestantes, os Habsburgo víronse obrigados a facer algunhas …

Polonia

O campo de exterminio de Auschwitz

17 DE ABRIL DE 2025 Se se puideran resumir todas as atrocidades nazis nunha soa palabra, esta sería Auschwitz. O maior centro de exterminio do nazismo, onde morreron 1 100 000 persoas, o 90% delas xudías. O lugar onde se industrializou o asasinato en masa, onde todo estaba minuciosamente organizado para que a fábrica de matar funcionase con eficiencia. O campo de concentración de Auschwitz levantouse en 1940 e nun principio só se deportaron alí prisioneiros políticos e de guerra como man …

Polonia

Cracovia, a antiga capital polaca

16 E 17 DE ABRIL DE 2025 Cracovia foi durante a Idade Media o centro da vida económica, política e cultural de Polonia. Xa no século X era un importante asentamento comercial e no ano 1038 converteuse na capital do país. Os monarcas polacos fixeron construír un palacio real, unha catedral e varias igrexas románicas, pero todo quedou arrasado tras as invasións mongolas do século XIII. Pronto comezou a reconstrución e a cidade recuperou a súa prosperidade grazas ao comercio …

Polonia

Os bisontes de Białowieża

14 E 15 DE ABRIL DE 2025 Antes de que os humanos comezasen a deforestar Europa, un inmenso bosque ocupaba todas as zonas baixas do continente. O bosque de Białowieża, entre Polonia e Bielorrusia, é un dos últimos e maiores vestixios superviventes de ese bosque primixenio que se estendía desde os Pirineos ata o Cáucaso. En paralelo a desaparición dos bosques, foron minguando as poboacións de bisontes europeos que habitaban neles. Á diferencia do bisonte americano, que vive en grandes …

Polonia

Varsovia na II Guerra Mundial

13 DE ABRIL DE 2025 Polonia sufriu durante o século XX os golpes máis brutais que lle podía deparar a historia: guerra, ocupación, xenocidio, devastación absoluta e totalitarismo. Os viaxeiros poden pasear polas cidades polacas e reparar tan só na beleza dos seus cascos antigos sen advertir todo este sufrimento, xa que os restos materiais que o delatan son escasos e pouco evidentes.  Precísase de algo de documentación e interese para descubrir non só os tráxicos eventos que aconteceron nelas, …