20 DE AGOSTO DE 2023 Para chegar a Khiva desde Bukhara fixemos en taxi máis de 400 km a través do deserto de Kyzylkum, nome que se traduce como area vermella. Este deserto, situado entre os ríos Amu Darya e Syr Darya, ocupa gran parte da superficie de Uzbekistán, aínda que nalgunhas zonas a súa aridez está moi camuflada debido aos canais de irrigación que exprimen a auga dos ríos. A cidade de Khiva aséntase nun oasis moi cerca do …
Uzbekistán
Bukhara, sagrada e culta
16, 17 E 18 DE AGOSTO DE 2023 A cidade de Bukhara, situada a uns 200 km ao oeste de Samarkanda, foi desde a antigüidade un importante centro comercial da Ruta da Seda, pero durante os séculos IX e X converteuse ademais no centro cultural e relixioso máis importante de toda Asia Central baixo a dinastía persa dos Samánidas. O filósofo e médico Avicena e o poeta Rudaki, entre outros intelectuais do mundo persa desa época, desenvolveron aquí o seu …
Samarkanda, a capital do Imperio Timúrida
14 E 15 DE AGOSTO DE 2023 A monumentalidade de Samarkanda non remata na praza do Registán. A pesar de que o gran Imperio Timúrida construido por Tamerlán durou pouco máis dun século, foi tempo dabondo para engalanar a capital cos edificios máis espléndidos. A mezquita de Bibi Khanum foi a maior do mundo no seu tempo, e o seu pishtak de 38 metros de altura todavía impresiona e empequenece a calquera que se achegue. Tamerlán pretendía que fora a …
A praza do Registán de Samarkanda
14 DE AGOSTO DE 2023 O nome de Samarkanda soa tan evocador que semella un lugar mítico existente só nos contos das Mil e Unha Noites ou nos relatos dos viaxeiros que se aventuraron por estas terras exóticas. Marco Polo, Ibn Batutta e Ruy González de Clavijo recolleron nas súas crónicas o esplendor de Samarkanda, unha das máis antigas e belas cidades do mundo. Samarkanda floreceu como unha importante cidade comercial baixo o dominio dos persas aqueménidas e sasánidas desde …
Tashkent, a capital de Uzbekistán
13 DE AGOSTO DE 2023 Uzbekistán e un país remoto e descoñecido para moita xente, que xenera medo e desconfianza a primeira vez que se escoita o seu nome. Situado en Asia Central, ocupa un lugar xeográfico que non está delimitado por accidentes xeograficos evidentes. Uzbekistán non ten contacto co océano, nin tampouco os países cos que delimita. Ata hai unhas décadas tiña unha franxa costeira no Mar de Aral, pero os regadíos construídos desde 1960 para o cultivo de …