Islandia

Entre glaciares

13 DE XULLO DE 2010   Estamos no Parque Nacional de Skaftafell, que inclúe parte do gran glaciar islandés Vatnajökull e moitas das súas linguas. Camiñamos duramente durante 9 horas, subindo e baixando montañas, para facer unha das mais impresionantes rutas de senderismo das nosas vidas (e xa levamos unhas cantas). Ao inicio da ruta está a fervenza de Svartifoss, un dos puntos de interese turístico mais coñecidos de Islandia: Pero o mais interesante estaba despois. Puidemos ver o glaciar de Morsárjökull, …

Islandia

Jökulsárlón

12 DE XULLO DE 2010   Antigamente a lingua glaciar de Breidamerkurjókull chegaba ao mar. Pero en 1932 comezou a derretirse o glaciar e foi medrando un lago entre o xeo e o mar. Hoxendia o lago Jökulsárlón ten 16 km cadrados e está cheo de icebergs que se desprenden do glaciar e flotan na lagoa ata que se derreten ou escapan ao mar. Dimos un paseo entre os icebergs en un vehículo anfibio bastante curioso: Seguindo coa serie de paxaros, dous novos …

Islandia

Montañas de cores e un glaciar

11 DE XULLO DE 2010   Levantámonos ás 7 da mañán e o sol estaba xa ben arriba: Aproveitamos o día soleado para facer unha ruta de 4 horas por unas montañas de cores: Pola tarde voltamos a Höfn, o pobo onde acampamos, coa idea de visitar algunha das catro linguas glaciares que desembocan na sua bahia. Esta é unha delas: Estamos nos domínios de Vatnajökul, o inmenso casquete de xeo do sureste de Islandia, que é a terceira masa de xeo …

Islandia

Fiordos e paxaros

10 DE XULLO DE 2010 Hoxe decidimos movernos cara o sur. No camiño atopamos a  fervenza mais bonita do día: Fixemos moitos kilómetros pola estrada 1, a circular que bordea toda a illa. Fomos parando para ver paisaxe de fiordos e moitos paxaros. Tamén collemos mais práctica coa cámara: Durante a xornada tivemos moita néboa, pero ao final o día clareou e pudemos ver un pouco de ceo despexado:

Islandia

Decenas de fervenzas

9 DE XULLO DE 2010   Estamos na zona de Egilsstadir, no este de Islandia. Hoxe levantámonos con bastante frío, abrigámonos ben e fumos ver algunhas fervenzas das moitas que hai por aquí. Lítlanesfoss é unha pequena caída onde se aprecian perfectamente as columnas de basalto de orixe volcánica, que teñen forma hexagonal. Río arriba está Hengifoss, unha das mais altas de Islandia. Destacan no fondo uns estratos de cor vermella que separan distintas coladas de lava solidificada. O dia serviu para …

Islandia

Por fin chegamos a Islandia

8 DE XULLO DE 2010   E non sen aventuras!! Costounos moito conseguir a pasaxe para o ferry, pois tivemos problemas con www.aferry.es, os intermediarios cos que tiñamos a reserva feita. Uns auténticos impresentables que nos estiveron mareando mais de unha semana sen conseguir nada. Chegamos a Dinamarca sen saber se poderíamos ir a Islandia ou non. Ao final tratamos directamente coa oficina do ferry en Hanstholm e conseguimos billete con dous “defectos”: só había praza nos camarotes mais caros e tiñamos …