Amosando: 1 - 11 de 36 RESULTADOS
Castilla y León

Unha escapada por terras zamoranas

DO 26 AO 30 DE DECEMBRO DE 2025 A arte románica de Toro e Zamora, xunto coa riqueza ornitolóxica das lagoas de Villafáfila, foron os alicientes que nos animaron a dedicar uns días a coñecer esta comarca. As dúas cidades comparten moitas características, desde o seu emprazamento estratéxico en penedos que se alzan sobre o río Douro, ata a súa importancia na Idade Media como enclaves principais do reino de León. Ambas foron repoboadas e fortificadas a finais do século …

Brasil

O Pantanal sur

20, 21, 22 E 23 DE AGOSTO DE 2025 Como xa contamos, o Pantanal ocupa un área inmensa e por tanto ten zonas ben diferenciadas. A pesar de que a cantidade e diversidade de fauna é espectacular en toda a rexión, hai especies moi abundantes en certos lugares, mentres que noutros é infrecuente atopalas. O Pantanal Sur, en particular a estrada de terra que discorre á beira do río Aquidauana, ofrece as mellores oportunidades de ver unha especie que nos …

Brasil

A Chapada dos Guimarães

17, 18 E 19 DE AGOSTO DE 2025 En Brasil son frecuentes as formacións xeolóxicas coñecidas como chapadas, mesetas elevadas moi extensas que rematan abruptamente en escarpas verticais.  As augas que alimentan o Pantanal Norte proveñen da Chapada dos Guimarães e forman parte da cunca do río da Plata. Estivemos dous días facendo algunhas excursións por esta zona situada no centro xeográfico de América do Sur. Desde os miradores da parte superior da Chapada tense unha boa perspectiva dos paredóns …

Brasil

En busca do xaguar en Porto Jofre

13 E 14 DE AGOSTO DE 2025 A estrada Transpantaneira remata no pequeno asentamento de Porto Jofre, no corazón mesmo do Pantanal. Aquí pódense contratar excursións en barca para explorar o río Cuiabá e os seus afluentes San Lourenço e Piquirí, moi abundantes en peixes que atraen á súa ribeira unha infinidade de aves, lontras e caimáns iacarés. Estes últimos, xunto coas capibaras que tamén frecuentan ás beiras dos ríos, proporcionan alimento suficiente para soster unha numerosa poboación de xaguares. …

Brasil

A estrada Transpantaneira

11, 12, 15 E 16 DE AGOSTO DE 2025 O Pantanal é unha das rexións con maior biodiversidade do planeta, un paraíso para os entusiastas da observación de fauna salvaxe. Isto foi suficiente para escollelo como destino das nosas vacacións, ilusionados pola posibilidade de coñecer de preto a gran variedade de especies que o habitan. O maior humidal do mundo atópase no centro do continente suramericano, principalmente nos estados brasileiros de Mato Grosso e Mato Grosso do Sul, aínda que …

Romanía

O delta do Danubio

11 E 12 DE AGOSTO DE 2018 Tras atravesar a Transfăgărăşan dirixímonos a Tulcea, unha vila da ribeira do Danubio situada no brazo principal do seu delta. O río chega ao Mar Negro logo de cruzar media Europa cara o leste, onde os sedimentos fluviais son depositados para formar o segundo delta mais grande do continente, despois do delta do Volga. O Danubio sepárase en tres brazos principais que pertencen a Rumanía, constituíndo o brazo do norte a fronteira natural …

Ecuador

A fauna das Galápagos en video

Durante a viaxe polas Illas Galápagos, ademais de sacar unhas 4000 fotos tamén fixemos moitas tomas de video con diferentes cámaras. Logo de revisar e organizar o seu contido, escollemos os fragmentos mais interesantes para facer unha montaxe que nos quedase como recordo. No video final aparecen tartarugas mariñas nadando moi cerca de nós, iguanas terrestres pelexando, unha iguana mariña comendo baixo a auga, tiburóns durmindo na súa cova e lobos mariños incitandonos a xogar con eles.

Ecuador

Sete días navegando de illa en illa

21 AO 28 DE ABRIL DE 2017 Embarcamos por segunda vez no iate Golondrina, nesta ocasión co propósito de que nos achegase ás máis orientais das Illas Galápagos. Seguindo unha rutina semellante á do primeiro cruceiro, fixemos unha ducia de desembarcos en terra e outras tantas sesións de snorkel polas illas Genovesa, Bartolomé, Santiago, Plaza Sur, Santa Fe, San Cristóbal, Española, Floreana e Seymour Norte. Pero antes fixemos unha curta parada na praia das Bachas, na illa Santa Cruz. Setophaga petechia aureola …

Ecuador

Isabela, a gran illa dos cinco volcáns

18, 19 E 20 DE ABRIL DE 2017   Deixamos o Golondrina por uns días para ir coñecer o sur da illa Isabela pola nosa conta. Esta é, con diferencia, a illa mais grande do arquipélago​, resultado da unión de varios volcáns aínda activos. Co tempo, a placa oceánica moverase cara América, o hotspot deixará de alimentar estes volcáns e a erosión do mar convertirá a Isabela en varias illas mais pequenas. Unhas poucas rúas sen pavimentar dan lugar a Puerto Villamil, …

Ecuador

A selva anubrada de Mindo

9, 10 E 11 DE ABRIL DE 2017 A dúas horas de viaxe ao norte de Quito está Mindo, unha pequena vila rodeada de selva anubrada que conta como principal atractivo cunha grande variedade de aves e prantas, o que lle da sona mundial entre a xente afeccionada. Ata aquí viñemos en autobús de línea desde a capital ecuatoriana, para aloxarnos durante tres días na Hacienda San Vicente. Esta estancia posúe 200 hectáreas de selva das que unha pequena parte se poden …

Argentina

Ushuaia, a fisterra do sur

1, 2, 3 E 4 DE XANEIRO DE 2016 Tras 12 horas de viaxe en autobús, ferry e os necesarios controis fronteirizos para pasar de Chile a Arxentina, chegamos ao punto mais austral desta viaxe, Ushuaia. Durante miles de anos estas terras foron habitadas polo pobo cazador-recolector dos yámana. Nas primeiras exploracións, os navegantes europeos vían desde o mar as fogueiras que facían os yámana e bautizaron a esta rexión como Tierra del Fuego. A partir de 1870 se instalaron …