Amosando: 1 - 11 de 13 RESULTADOS
Eslovenia

Verdes montañas de Eslovenia

DO 11 AO 18 DE AGOSTO DE 2019 Eslovenia foi a primeira das repúblicas balcánicas en independendizarse de Iugoslavia en 1991, tras un pequeno conflicto armado de 10 días que non pode chamarse guerra. A diferencia das repúblicas veciñas de Croacia e Bosnia, aquí non había poboación serbia, polo que o exército da federación iugoslava – ás ordes dunha cúpula militar de maioría serbia – renunciou a presentar batalla. Adicamos 7 días a coñecer a parte máis occidental do país, …

Croacia

A penísula de Istria

7, 8, 9 E 10 DE AGOSTO DE 2019 Neste tour pola península balcánica volvimos a Croacia antes do previsto a causa das trabas burocráticas que nos impediron entrar en Albania. A ruta por estrada levounos por lugares nos que xa estiveramos durante a semana santa, pero a tranquilidade da que entón disfrutamos transformouse nunha marabunta de coches e xente, atascos, imposibilidade de aparcar e aloxamentos moi caros. Desde a fronteira con Montenegro no sur remontamos pola costa de Croacia …

Montenegro

Montenegro e o mar Adriático

4, 5 E 6 DE AGOSTO DE 2019 Seguimos en Montenegro, e sen deixar atrás a paisaxe montañosa, chegamos ao Mar Adriático. Atopamos aquí unha xeografía semellante á da Dalmacia en Croacia, con illas e illotes achegados a unha costa recortada. Tamén a historia é semellante, pois a República de Venecia dominou estes territorios por catro séculos e deixou unha extensa pegada na arquitectura civil e relixiosa. Arredor dos mellores portos medraron vilas e cidades grazas á actividade comercial, pero …

Montenegro

As montañas de Montenegro

30 E 31 DE XULLO E 1, 2 E 3 DE AGOSTO DE 2019   Este pequeno país ex-iugoslavo, de 600000 habitantes e unha superficie pouco maior que a provincia de Lugo, pasou o século XX sometido a Serbia, alineándose con estes durante todo o proceso da desmembración de Iugoslavia. Tras as guerras balcánicas seguíu unido a Serbia nun estado federal, polo que sufriu as sancións económicas impostas a Belgrado e a economía montenegrina padeceu enormes perxuicios. En 2006 lograron independizarse …

Bosnia

Saraxevo, a cidade renacida dos escombros

28 E 29 DE XULLO DE 2019 É sorprendente que ao chegar a Saraxevo custe ver algún rastro da guerra. Na memoria de moitos de nós están as imaxes dos edificios furados pola artillería, as rúas desertas e o goteo incesante de víctimas das bombas e dos francotiradores. Pero agora que case todo está reconstruído, Saraxevo volve a ser unha cidade con vida que amosa con orgullo as cicatrices dos combates, símbolo da resistencia deses días, e recordan cando teñen …

Bosnia

Bosnia, unha nación multicultural

25, 26 E 27 DE XULLO DE 2019 A historia de Bosnia e Hercegovina sempre estivo e estará ligada á dos seus veciños balcánicos cos que comparte a orixe eslava. Pero Bosnia adquire unha identidade propia a partir do século X, cando se constitúe como un reino independente baixo á influencia do reino de Hungría. As fronteiras deste reino medieval de Bosnia eran semellantes ás fronteiras do estado actual. Necrópolis medieval de Radimlja A partir do século XV é conquistada …

Croacia

Nos Balcáns, outra vez

24 DE XULLO DE 2019 Tras a nosa satisfactoria visita a Croacia hai uns meses, o resto de países que formaron a antiga Iugoslavia quedaron na lista de próximos destinos a visitar. Quixo a fortuna que a nosa mellor opción para viaxar durante o verán resultaran ser estes lugares, así que case sen darnos conta estamos outra vez nos Balcáns. Desta vez voamos desde Oporto ata Treviso (en Italia, preto de Venecia), e alí alugamos un coche para desprazarnos por …

Croacia

Dubrovnik, a antiga república comercial

20 E 21 DE ABRIL DE 2019 Dubrovnik é unha pequena cidade situada no extremo sur de Croacia, onde o país non é máis que unha estreita franxa de terreo que linda con Montenegro e Bosnia-Herzegovina. O casco antigo está rodeado por unha impoñente muralla, que lle da sona internacional e que recibe a máis de un millón de visitantes anuais. Desde 1979 está na lista do Patrimonio Mundial da Humanidade, o que non impediu que a cidade fose asediada …

Croacia

Mljet, a illa verde e azul

19 DE ABRIL DE 2019 Mljet é unha illa do sur de Croacia de costa recortada, pouca poboación e cuberta dun espeso bosque mediterráneo con moita diversidade. Ten un puñado de aldeas costeiras, un par de pobos, algunha ruina romana e un parque nacional no norte da illa que protexe o bosque, a costa e os fondos marinos. Os visitantes do parque pasean arredor de Malo Jezero e Veliko Jezero – lago pequeno e lago grande – que son dous …

Croacia

A península de Peljesac e a cercana illa de Korčula

17 E 18 DE ABRIL DE 2019 O noso seguinte destino é a península de Peljesac, situada ao sur de Croacia, e o conxunto de illas que a rodean. Curiosamente, esta rexión non está conectada co norte do país, pois unha pequena franxa de costa adriática de menos de 10 km pertence a Bosnia Herzegovina, constituíndo a única saída ao mar dese país. Aínda que non hai ningún problema en saír de Croacia e volver a entrar uns minutos despois, …

Croacia

O palacio de Diocleciano en Split

16 DE ABRIL DE 2019 Diocleciano foi un emperador romano dos séculos III e IV que pasou á historia por dividir por primeira vez o imperio e pola feroz persecución do cristianismo. Foi o primeiro en abdicar do cargo de forma voluntaria, e para o seu retiro decidiu voltar á súa Dalmacia natal e construir un enorme palacio no que hoxe é a cidade de Split. O palacio era como unha cidade fortificada, co seu perímetro rectangular rodeado de altas …