8 E 9 DE XANEIRO DE 2022. Eusebi Güell foi un empresario de moito éxito, herdeiro da gran fortuna que o seu pai fixo en Cuba e que multiplicou ata converterse nun dos homes máis ricos de España. Pero ademais era unha persoa culta e ilustrada, e actuou como mecenas de numerosos artistas de todas as artes. Gaudí e Güell coñecéronse en 1878, cando o empresario queda fascinado con unha vitrina de comercio que o arquitecto deseñara para unha guantería. …
España
A arquitectura modernista de Domènech i Montaner
7 E 8 DE XANEIRO DE 2022. Un total de 9 edificios modernistas de Barcelona foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Destes, 7 son obra de Gaudí. Os outros dous son o Hospital de la Santa Creu i Sant Pau e o Palau de la Música Catalana, do arquitecto Lluís Domènech i Montaner, considerado o pai do modernismo catalán. A historia do hospital comeza noutro conxunto de edificios do casco antigo, o vello Hospital de la Santa Creu, un …
As célebres casas de Gaudí: Batlló e Milá
6 DE XANEIRO DE 2022 A finais do século XIX e principios do XX, a burguesía industrial de Barcelona comeza a interesarse polas novas correntes arquitectónicas e artísticas que percorrían Europa e que en Cataluña denomináronse Modernismo. Así, as familias adiñeiradas contratan aos arquitectos de moda para construir as súas casas e lles dan plena liberdade creativa, dando como resultado obras orixinais e innovadoras que rompían coa estética imperante ata ese momento. Son moitos os edificios deste estilo que se poden …
A Sagrada Familia de Gaudí
5 DE XANEIRO DE 2022 A construcción desta basílica iniciase a finais do século XIX coa intención de levantar un templo expiatorio de inspiración gótica. Un templo expiatorio é aquel financiado unicamente co prezo das entradas e doazóns. Pode que falten décadas para ver a basílica rematada, pero xa é o monumento máis visitado de España. Pouco despois de colocar as primeiras pedras o xoven arquitecto Antoni Gaudí faise cargo do proxecto ao que acabará adicando gran parte da súa …
Ciudad Rodrigo e Arribes del Duero
2 E 3 DE AGOSTO DE 2021 Tras a breve estancia na capital salmantina, movémonos cara o noroeste da provincia para achegarnos ata as Arribes do Douro, delimitando con Zamora e que ademáis marca a liña de fronteira con Portugal. As Arribes é como lle chaman ao canón excavado aquí por este río e que nalgúns tramos é moi abrupto. En poucas decenas de quilómetros o río salva o desnivel existente entre a meseta e o seu curso baixo, atravesando …
Un paseo por Salamanca
31 DE XULLO E 1 DE AGOSTO DE 2021 Salamanca ofrece a primeira sorpresa ao entrar na Praza Maior. Tan pronto como se accede por algunha das súas portas parece que asomamos a cabeza ao século XVIII, data da súa construción. A súa arquitectura é simple: un amplo cadrado encerrado por unha fachada que percorre o perímetro, apenas interrompido por algúns arcos que permiten entrar ao recinto. A praza está libre de intervencións contemporáneas destacables: non hai parkings, nin pavillóns, …
Escapada a Valladolid
15, 16 E 17 DE MAIO DE 2021 Tras moitos meses confinados en Galicia, o levantamento das restriccións coincidiu coa ponte das Letras Galegas, polo que non perdemos a oportunidade de sair fóra das nosas fronteiras. Decidimos ir a Valladolid, pois gostamos moito das terras de Castela e tiñamos percorrido case toda a rexión, salvo esta provincia. O carácter desta provincia reflicte o seu pasado de fronteira entre o mundo cristián e o musulmán. O río Douro funcionou durante varios …
Mirando a cordilleira pirenaica en Añisclo e Plan
28 DE XULLO DE 2020 Nos últimos días padecimos unhas temperaturas demasiado altas que nos obrigaron a buscar a sombra nas horas centrais do día, limitando as nosas saídas ás primeiras horas da mañán e ás últimas da tarde. Con este panorama pensamos que movernos cara a alta montaña era unha forma de evitar a calor insoportable, así que marchamos para o camping de Añisclo, no borde do Parque Nacional de Ordesa. Na mañán demos sendos paseos a pé e …
Serra e canóns de Guara
26 E 27 DE XULLO DE 2020 Ao movernos desde o val do Ebro cara o norte atopámonos coas Serras Exteriores, unha cadea de montañas paralelas ás grandes cumbres dos Pirineos e que dan inicio á cordilleira. Pertencen a este conxunto lugares que xa visitamos como a Serra de Leyre e a de Loarre. Agora tócalle o turno á Serra de Guara, moi coñecida polos estreitos canóns formados por ríos como o Vero e que son unha das mecas do …
Mallos de Riglos e Castelo de Loarre
25 DE XULLO DE 2020 En varios puntos de Huesca pódense ver os mallos, formacións xeolóxicas facilmente recoñecibles na paisaxe como paredes rochosas de formas redondeadas e cores alaranxadas. A súa orixe está na erosión sufrida pola cordilleira pirenaica desde que empezou o seu levantamento. Os materiais máis grandes e pesados transportados polos ríos foron depositados aos pés da incipiente cordilleira, acumulando centenares de metros de espesor durante millóns de anos e formando conglomerados. Cando o Ebro atopou a saída …
As Bardenas Reales, Uxue e Olite
24 DE XULLO DE 2020 Fai máis de 20 millóns de anos, durante o terciario, o choque entre a placa ibérica e a europea produciu varios fenómenos xeolóxicos que deron lugar ás diferentes paisaxes que se ven neste rincón da península. Por unha parte, a colisión dou lugar ás cordilleiras pirenaica e ibérica, ademáis das serras catalanas. Por outra, estas montañas pecharon o mar que ata ese momento separaba ambas placas, formándose unha zona de lagos e pantanos onde hoxe …