Amosando: 1 - 11 de 18 RESULTADOS
Eslovenia

Verdes montañas de Eslovenia

DO 11 AO 18 DE AGOSTO DE 2019 Eslovenia foi a primeira das repúblicas balcánicas en independendizarse de Iugoslavia en 1991, tras un pequeno conflicto armado de 10 días que non pode chamarse guerra. A diferencia das repúblicas veciñas de Croacia e Bosnia, aquí non había poboación serbia, polo que o exército da federación iugoslava – ás ordes dunha cúpula militar de maioría serbia – renunciou a presentar batalla. Adicamos 7 días a coñecer a parte máis occidental do país, …

Croacia

Nos Balcáns, outra vez

24 DE XULLO DE 2019 Tras a nosa satisfactoria visita a Croacia hai uns meses, o resto de países que formaron a antiga Iugoslavia quedaron na lista de próximos destinos a visitar. Quixo a fortuna que a nosa mellor opción para viaxar durante o verán resultaran ser estes lugares, así que case sen darnos conta estamos outra vez nos Balcáns. Desta vez voamos desde Oporto ata Treviso (en Italia, preto de Venecia), e alí alugamos un coche para desprazarnos por …

Croacia

O Parque Nacional de Krka e as cidades dálmatas de Šibenik e Trogir

15 DE ABRIL DE 2019 A Dalmacia é unha estreita franxa do territorio de Croacia bañada polo Adriático, que ademais separa a Bosnia-Herzegovina do mar. O terreo é montañoso e o litoral recortado, con moitas illas e portos naturais e unha vexetación máis variada e exhuberante do que un pode esperar do seu clima mediterráneo. A nosa xornada comezou no parque nacional de Krka, establecido para protexer unha paisaxe de fervenzas semellantes ás de Plitvice, aínda que de tamaño e …

Croacia

Os lagos de Plitvice

14 DE ABRIL DE 2019 Viñemos a Croacia coa expectativa de ver paisaxes naturais de grande beleza e cidades históricas. É un destino moi concurrido durante o verán, así que aproveitamos estas vacacións da Semana Santa para disfrutar do país sen aglomeracións. O territorio de Hrvatska – que é como se di Croacia no seu propio idioma – pode dividirse en dúas partes moi diferentes: o norte, de carácter continental e centroeuropeo, e a costa adriática, unha rexión marcadamente mediterránea. …

Argentina

As cataratas do Iguazú

15 E 16 DE DECEMBRO DE 2015 Desde Buenos Aires voamos a Puerto Iguazú, unha pequena localidade arxentina situada na fronteira con Paraguai e Brasil, para visitar as afamadas cataratas. Dous parques nacionais, un arxentino e outro brasileiro, protexen este monumento natural e a selva que aínda se conserva na súa contorna. Vista desde o avión do río Iguazú e das cataratas O río Iguazú corre por unha planicie de rocha volcánica que no pasado foi quebrada por unha falla que produciu …

Aragón

Tres vales pirenaicos

16 A 19 DE XULLO DE 2014 Val de Pineta Deixamos atrás Ordesa para visitar algúns dos outros vales que conforman o parque nacional. Comezamos por Pineta, un enorme e longo val do que só unha pequena parte pertence ao parque. No pasado hospedou unha lingua de xeo de mais de 40 km, que excavou un val en artesa case perfecto. Desafortunadamente, a presencia de neve alterou o noso plan outra vez e impediunos subir ao Balcón de Pineta, parte …

Aragón

Ordesa e Monte Perdido, a xoia dos Pirineos

13, 14 E 15 DE AGOSTO DE 2014   Ponte románica de Bujaruelo En 1918 o Val de Ordesa (Huesca) foi declarado Parque Nacional, sendo así o segundo territorio en recibir tal protección en España, só un mes despois que a montaña de Covadonga. Isto podería dar unha pista da importancia desta paisaxe de montaña, pero o certo é que a beleza e singularidade deste lugar supera calquera espectativa. En 1982, grazas en parte á presión popular, o parque foi ampliado para incluir …

Estados Unidos Hawaii

Big Island (I): A illa grande

29, 30 E 31 DE XULLO DE 2012   A última etapa da nosa viaxe comeza aterrando na illa de Hawai’i, tamén coñecida como Big Island para evitar confusións co nome do arquipélago. Esta illa é máis do dobre de grande que todas as outras  xuntas porque o seu vulcanismo está moi activo e todavía está crecendo, a diferencia do resto de illas nas que desapareceu a actividade volcánica e só traballan as forzas erosivas. Big Island é ademáis moi xoven …

Estados Unidos

Yellowstone II: Pedra Amarela

30 DE XULLO DE 2011 O río Yellowstone forma un canón de mais de 30 km a través dunha rocha volcánica de tonos brancos, amarelos e vermellos chamada riolita. A cor predominante é o amarelo, o que da significado ao topónimo. Esta rocha xa era coñecida para nós porque estaba presente nalgunhas das paisaxes mais coridas de Islandia. A riolita é branda e facilmente erosionable, as ladeiras que forma son inestables e a vexetación non se asenta nelas. O canón …

Canadá

Unha estrada espectacular

18 E 19 DE XULLO DE 2011 Din os canadienses que a estrada Hwy93, que vai de Jasper a Lake Louise, é a mais bonita do mundo. Son 230 km de boa calzada que comunican os parques nacionais de Jasper e Banff. Nos botamos dous dias facendo o camiño con calma e parando en multitude de puntos de interese que hai na estrada. A estrada coñécese como Icefields Parkway, que significa “paseo dos glaciares” porque desde ela pódense ver moitos glaciares, sendo …

Canadá

As Cataratas do Niágara

9 DE XULLO DE 2011   As Cataratas do Niágara están no río do mesmo nome, que flue desde o lago Erie ata o lago Ontario e é fronteira natural entre EEUU e Canadá. Ainda que non están entre as mais altas do mundo, o que as fai extraordinarias é o impresionante caudal de auga que cae por elas, uns 2800 m³ por segundo (unhas catro ou cinco veces máis que o rio Ebro). Os Estados Unidos e Canadá se reparten a …