Amosando: 1 - 11 de 28 RESULTADOS
Austria

Camiñando polos Alpes austríacos

9, 10, 11, 12 E 13 DE AGOSTO DE 2024 O plan da nosa viaxe por Austria centrouse principalmente en facer excursións de alta montaña pola cordilleira alpina, nas rexións de Vorarlberg e Tirol. En anos anteriores xa tivéramos a oportunidade de percorrer os Alpes franceses, suízos, italianos e eslovenos e decidimos que era un bo momento para visitar o único país alpino que nos quedaba por coñecer. Escollemos varias rutas esixentes a nivel físico por ter desniveis de máis …

Romanía

Salina Turda

6 DE AGOSTO DE 2018 A temperatura na superficie ronda os 30 graos e resulta difícil pensar en poñer roupa de abrigo. Pero sabemos que no interior nos espera un ambiente enrarecido a 10 graos, polo que levamos na mochila algunhas prendas adecuadas. Tras acceder por un longo corredor ás primeiras estancias, comezan as preguntas ¿Estas paredes son todas de sal? ¿Pero é sal-sal (cloruro sódico) ou hai outras sustancias como sales magnésicas ou potásicas? Logo de chegar ao primeiro …

Noruega

En barco polos fiordos

29 E 30 DE XULLO DE 2017 Comezamos este día subindo a un barco turístico para percorrer os fiordos Aurlandsfjord e o seu ramal Nærøyfjord. Con 29 e 18 km de lonxitude respectivamente, ambos son ramas do gran Sognefjord, de 205 km, o máis longo de Noruega. Estes dous fiordos teñen paredes verticais de 1000 m e son bastante estreitos, variando a súa anchura entre 2 km e 500 m na parte máis angosta. Desde o barco pódese apreciar o …

Suíza

Matterhorn e Aletsch, dúas iconas dos Alpes

12, 13 E 14 DE AGOSTO DE 2016 A diferencia do Mont Blanc, a silueta do Matterhorn é inconfundible e, coa súa forma de pirámide, probablemente sexa un dos cumios mais coñecidos dos Alpes. É unha das montañas mais difíciles de escalar dos Alpes e estímase que morreron unhas 500 persoas intentado subilo. Os italianos o coñecen como monte Cervino, pero a terminación do seu nome alemán, horn, describe un pico agudo e puntiagudo, resultado da súa erosión por varios circos glaciares …

Francia

Descubrindo os Alpes en Chamonix

5, 6, 7 E 8 DE AGOSTO DE 2016 A localidade francesa de Chamonix está situada nun fondo val dos Alpes e rodeada de altas montañas con neves perpetuas e glaciares. Está considerada como o berce do alpinismo e os deportes de montaña, e xa durante o século XIX comezou a súa traxectoria como destino turístico. Neste lugar sempre é tempada alta, pois durante o inverno opera como unha das estacións de esquí mais coñecidas de Europa, e durante o verán é …

Chile

Parque Nacional Torres del Paine

23, 24, 25, 26, 27 E 28 DE DECEMBRO DE 2015 Cambiamos a Patagonia arxentina pola chilena, desprazándonos en autobús a Puerto Natales, a vila mais cercana  ao Parque Nacional Torres del Paine. É unha vila tradicionalmente mariñeira na que a actividade turística é cada vez mais importante. Está na beira do fiordo Última Esperanza, bautizado pola expedición que o explorou por primeira vez cando trataba de atopar, sen conseguilo, un paso cara o Atlántico. Os topónimos pesimistas (Bahía Inútil, Isla Desolación, …

Argentina

O glaciar espectáculo

21 E 22 DE DECEMBRO DE 2015 Carancho (Caracara plancus). Atopámolo no camiño de acceso ao glaciar. Desde El Chaltén conducimos ata o sector sur do Parque Nacional Los Glaciares, aloxándonos en El Calafate, unha vila con moito turismo por ser a porta de acceso a unha das maiores atraccións de Arxentina: o precioso glaciar Perito Moreno, que ten unha serie de características que o fan único. Por unha parte, é dos poucos glaciares que aumentou o seu tamaño durante o século …

Argentina

Torres de pedra no Parque Nacional Los Glaciares

17, 18, 19 E 20 DE DECEMBRO DE 2015 A nosa chegada á Patagonia O arxentino Parque Nacional Los Glaciares, que fai fronteira con Chile na vertente este dos Andes, protexe montañas, lagos e bosques e, sobre todo, enormes extensións xeadas. Un enorme casquete de xeo, tan grande como a metade de Galicia, cubre esta parte da cordilleira andina. Desde el descólganse linguas glaciares que ocupan mais do 30 % da superficie do parque. Estes glaciares chegan ata altitudes de poucos metros …

Perú

Un paseo polas alturas

10, 11, 12 E 13 DE XULLO DE 2015   Ás 5 de mañá subimos a unha furgoneta que durante as seguintes 5 horas nos levaría por unha estrada sen asfaltar a través de vales e montañas, ascendendo ata os 4800 m de altitude e pasando baixo o cumio do Huascarán (6768 m), a montaña mais alta de Perú. Queñuales na lagoa LLanganuco Estrada aos pés do Huascarán Finalmente chegamos a Vaquería, unha pequena e remota aldea que é o punto de …

Perú

Tres días de aclimatación á altura nos Andes

7, 8 E 9 DE XULLO DE 2015 Con unha viaxe en avión e outra en autobús-cama cambiamos as terras baixas da Amazonía polas montañas tropicais andinas do Callejón de Huaylas. Cando chegamos a Huaraz, a paisaxe cambiara totalmente: altas montañas brancas, aire seco, frio invernal e ladeiras case sen vexetación. Usamos esta pequena cidade situada a 3100 m de altitude para facer varias excursións pola contorna e co obxectivo adicional de aclimatar o noso corpo ao déficit de osíxeno que …

Aragón

Tres vales pirenaicos

16 A 19 DE XULLO DE 2014 Val de Pineta Deixamos atrás Ordesa para visitar algúns dos outros vales que conforman o parque nacional. Comezamos por Pineta, un enorme e longo val do que só unha pequena parte pertence ao parque. No pasado hospedou unha lingua de xeo de mais de 40 km, que excavou un val en artesa case perfecto. Desafortunadamente, a presencia de neve alterou o noso plan outra vez e impediunos subir ao Balcón de Pineta, parte …