Amosando: 1 - 10 de 10 RESULTADOS
Italia

Os Alpes Dolomitas, as montañas verticais

22 AO 27 DE AGOSTO DE 2019 Durante os días que estivemos nos Alpes Dolomitas, unha capa de nubes quedou ancorada as súas cimas, cubrindo en demasiadas ocasións as paredes e os picos, impedíndonos o disfrute pleno destas paisaxes magníficas. Aínda así, quedamos abraiados coa beleza destas montañas, comprendendo o porqué da sona que teñen entre turistas e alpinistas. Os roteiros de montaña están ben atendidos e son moi populares, ao igual que as vias ferratas, unha actividade de montaña …

Eslovenia

Verdes montañas de Eslovenia

DO 11 AO 18 DE AGOSTO DE 2019 Eslovenia foi a primeira das repúblicas balcánicas en independendizarse de Iugoslavia en 1991, tras un pequeno conflicto armado de 10 días que non pode chamarse guerra. A diferencia das repúblicas veciñas de Croacia e Bosnia, aquí non había poboación serbia, polo que o exército da federación iugoslava – ás ordes dunha cúpula militar de maioría serbia – renunciou a presentar batalla. Adicamos 7 días a coñecer a parte máis occidental do país, …

Croacia

Mljet, a illa verde e azul

19 DE ABRIL DE 2019 Mljet é unha illa do sur de Croacia de costa recortada, pouca poboación e cuberta dun espeso bosque mediterráneo con moita diversidade. Ten un puñado de aldeas costeiras, un par de pobos, algunha ruina romana e un parque nacional no norte da illa que protexe o bosque, a costa e os fondos marinos. Os visitantes do parque pasean arredor de Malo Jezero e Veliko Jezero – lago pequeno e lago grande – que son dous …

Croacia

Os lagos de Plitvice

14 DE ABRIL DE 2019 Viñemos a Croacia coa expectativa de ver paisaxes naturais de grande beleza e cidades históricas. É un destino moi concurrido durante o verán, así que aproveitamos estas vacacións da Semana Santa para disfrutar do país sen aglomeracións. O territorio de Hrvatska – que é como se di Croacia no seu propio idioma – pode dividirse en dúas partes moi diferentes: o norte, de carácter continental e centroeuropeo, e a costa adriática, unha rexión marcadamente mediterránea. …

Bolivia

Paisaxes doutro mundo

5, 6 E 7 DE AGOSTO DE 2015 A pequena cidade de Uyuni, á que chegamos en avión desde El Alto, serviunos de punto de partida para visitar as remotas terras do sur do altiplano boliviano. Durante 3 días percorrimos en 4×4 extraordinarias paisaxes deshabitadas a 4000 metros de altitude, un auténtico deserto frío que parece sacado doutro planeta. A finais do século XIX Uyuni era unha cidade próspera grazas a que nela confluían varias liñas de ferrocarril que transportaban minerais cara …

Kenya

A reserva de rinocerontes de Nakuru

  19 DE XULLO DE 2013 Pasamos todo o día de safari no parque nacional de Nakuru, outro dos lagos do Rift Valley, caracterizado por unha paisaxe verde e boscosa. Un dos seus maiores atractivos é a vista do lago abarrotado de flamencos, pero como o nivel de auga estaba moi alto a salinidade non era suficiente para que estas aves se xuntasen en grandes cantidades. Outro elemento de interese deste parque é a facilidade coa que se poden ver as dúas …

Canadá

Unha casiña no lago

14 DE AGOSTO DE 2011 O castor é un animal tan emblemático das Montañas Rochosas que os Parques Nacionais de Canadá o escolleron como logotipo. Por iso tiñamos a idea de que sería relativamente fácil velo neste entorno. Durante estas semanas buscamos a súa presencia nalgúns lagos e ríos, seguindo a información que tiñamos sobre o tema, pero ata hoxe non tivemos éxito. Camiño de Edmonton decidimos parar en Jasper, onde xa estivéramos ao principio da nosa viaxe, para facer …

Canadá

Adeus a costa do Pacífico

10, 11 E 12 DE AGOSTO DE 2011 O noso último día na illa de Vancouver pasámolo facendo unha ruta un pouco dura, con un longo ascenso e moitísima neve nos kilómetros finais. Este inverno nevou mais do habitual e o verán está sendo fresco, polo que queda moita neve sen derretir nas partes mais altas das montañas. Desde o ferry que nos levou a Vancouver vimos a cidade desde unha nova perspectiva. Para coller o avión de volta a …

Canadá

Sopa e chocolate no alto da montaña

21 DE XULLO DE 2011 Hoxe combinamos dúas rutas para percorrer uns 20 km nas montañas que rodean Lake Louise, un dos lugares mais turísticos das Montañas Rochosas. Cada unha destas rutas se coroa nunha tea-house, antiguos albergues de montaña reconvertidos en casas de té, ás que só é posible chegar a pé ou a cabalo. Despois de ascender 400 metros de desnivel en 6 km chegamos a Lake Agnes, onde está a primeira casa de té. Como non nos gusta o …

Andalucía

Maravillas naturais do interior de Málaga

18 DE ABRIL DE 2011 Nunha fría e soleada mañá achegámonos á lagoa de Fuente de Piedra, no nordeste da provincia de Málaga. É unha enorme superficie de auga salgada e pouco profunda onde vive e se reproduce unha importante colonia de flamencos, así como outras aves propias de estes ecosistemas. A lagoa foi explotada como salina ata ben entrado o século XX, e foi despois do seu abandono industrial cando os animais voltaron pouco a pouco, ata que as distintas administracións …