12 E 13 DE AGOSTO DE 2017 A localidade de Alta acolle un dos mellores conxuntos de petróglifos do mundo. Sobre a superficie rochosa pulida polos glaciares foron gravadas miles de figuras cunha antigüidade entre 2000 e 7000 anos. As sociedades cazadoras-recolectoras que vivían nesta rexión representaron humanos en esceas de caza e pesca, e animais como renos, alces, osos e peixes. Cando foron descubertos nos anos 70 moitos se pintaron de vermello para facilitar a súa contemplación, pero os descubertos posteriormente …
Laponia
Neve, neve, neve
27-31 DE MARZO DE 2013 O motivo que nos trouxo ata aquí foi a observación de auroras boreais durante a noite, pero Saariselkä ofrece moitas actividades para facer polo día, todas relacionadas coa neve. Así que durante estes días ocupamos o noso tempo en desprazarnos pola neve de distintas formas. Ademáis do esquí nórdico do que xa falamos, pasamos moitas horas baixando a divertidísima pista para trineos que hai aquí, de mais dun quilómetro de lonxitude. Os hoteis dispoñen de …
As luces do norte
27 DE MARZO DE 2013 Cando escribimos o anterior post éramos pesimistas ante a posibilidade de chegar a ver auroras boreais, pero na mañán do 27 as prediccións anunciaron un aumento da actividade solar da que dependen. Ademáis o pronóstico meteorolóxico era tamén bo, co que tiñamos as condicións requeridas para presenciar o fenómeno. Éste prodúcese cando determinadas partículas emitidas polo Sol son captadas polo campo magnético terrestre grazas a carga eléctrica que posúen. Este fluxo variable de partículas entra na atmósfera …
Esquí e sauna
25 E 26 DE MARZO DE 2013 Estamos en Saariselkä, unha pequena vila no corazón da Laponia finesa. Esta localidade vive das actividades turísticas que se poden facer na rexión, maioritariamente vinculadas á neve que cobre a paisaxe durante a maior parte do ano. Outro grande atractivo é que, debido á súa latitude por enriba do círculo polar ártico, é unha zona propicia para a observación de auroras boreais. Este último é o motivo principal que nos trouxo ata aquí, aínda que …