29, 30 E 31 DE DECEMBRO DE 2015 Un autobús levounos de Puerto Natales a Punta Arenas, cidade chilena situada no Estreito de Magallanes. O motivo para vir ata aquí era visitar dúas das colonias de pingüíns que hai nestas costas. Na pequena illa Magdalena, a dúas horas de lento paseo en barco desde Punta Arenas, aniñan 80000 parellas de pingüíns de Magallanes (Spheniscus magellanicus). As visitas están moi controladas, e só se pode pasear durante unha hora por un sendeiro balizado. …
Patagonia
Parque Nacional Torres del Paine
23, 24, 25, 26, 27 E 28 DE DECEMBRO DE 2015 Cambiamos a Patagonia arxentina pola chilena, desprazándonos en autobús a Puerto Natales, a vila mais cercana ao Parque Nacional Torres del Paine. É unha vila tradicionalmente mariñeira na que a actividade turística é cada vez mais importante. Está na beira do fiordo Última Esperanza, bautizado pola expedición que o explorou por primeira vez cando trataba de atopar, sen conseguilo, un paso cara o Atlántico. Os topónimos pesimistas (Bahía Inútil, Isla Desolación, …
O glaciar espectáculo
21 E 22 DE DECEMBRO DE 2015 Carancho (Caracara plancus). Atopámolo no camiño de acceso ao glaciar. Desde El Chaltén conducimos ata o sector sur do Parque Nacional Los Glaciares, aloxándonos en El Calafate, unha vila con moito turismo por ser a porta de acceso a unha das maiores atraccións de Arxentina: o precioso glaciar Perito Moreno, que ten unha serie de características que o fan único. Por unha parte, é dos poucos glaciares que aumentou o seu tamaño durante o século …
Torres de pedra no Parque Nacional Los Glaciares
17, 18, 19 E 20 DE DECEMBRO DE 2015 A nosa chegada á Patagonia O arxentino Parque Nacional Los Glaciares, que fai fronteira con Chile na vertente este dos Andes, protexe montañas, lagos e bosques e, sobre todo, enormes extensións xeadas. Un enorme casquete de xeo, tan grande como a metade de Galicia, cubre esta parte da cordilleira andina. Desde el descólganse linguas glaciares que ocupan mais do 30 % da superficie do parque. Estes glaciares chegan ata altitudes de poucos metros …
Viaxe á Patagonia con extensións
12 DE DECEMBRO DE 2015 Comezamos unha nova aventura que nos leva de volta a Sudamérica para coñecer a zona máis austral do continente: Patagonia e Tierra del Fuego, rexions pertencentes a Argentina e Chile. A dura climatoloxía desta zona obriga a facer a visita durante o verán, que se corresponde co noso inverno. Veremos enormes glaciares, como o famoso Perito Moreno; camiñaremos por fabulosas paisaxes de montaña como as Torres del Paine, no extremo sur dos Andes; cruzaremos …