28 DE XULLO DE 2020 Nos últimos días padecimos unhas temperaturas demasiado altas que nos obrigaron a buscar a sombra nas horas centrais do día, limitando as nosas saídas ás primeiras horas da mañán e ás últimas da tarde. Con este panorama pensamos que movernos cara a alta montaña era unha forma de evitar a calor insoportable, así que marchamos para o camping de Añisclo, no borde do Parque Nacional de Ordesa. Na mañán demos sendos paseos a pé e …
Pirineos
Serra e canóns de Guara
26 E 27 DE XULLO DE 2020 Ao movernos desde o val do Ebro cara o norte atopámonos coas Serras Exteriores, unha cadea de montañas paralelas ás grandes cumbres dos Pirineos e que dan inicio á cordilleira. Pertencen a este conxunto lugares que xa visitamos como a Serra de Leyre e a de Loarre. Agora tócalle o turno á Serra de Guara, moi coñecida polos estreitos canóns formados por ríos como o Vero e que son unha das mecas do …
Mallos de Riglos e Castelo de Loarre
25 DE XULLO DE 2020 En varios puntos de Huesca pódense ver os mallos, formacións xeolóxicas facilmente recoñecibles na paisaxe como paredes rochosas de formas redondeadas e cores alaranxadas. A súa orixe está na erosión sufrida pola cordilleira pirenaica desde que empezou o seu levantamento. Os materiais máis grandes e pesados transportados polos ríos foron depositados aos pés da incipiente cordilleira, acumulando centenares de metros de espesor durante millóns de anos e formando conglomerados. Cando o Ebro atopou a saída …
O val de Baztán e a Selva de Irati
21 E 22 DE XULLO DE 2020 Adentrámonos na cordilleira pirenaica a través das montañas de Navarra. Aquí as cimas non alcanzan grandes alturas pero a rexión é bastante escarpada. Para desprazarse entre pobos e vales hai que circular por estradas estreitas, reviradas e moita pendente. Milano No val de Batzán as pequenas vilas e aldeas da montaña teñen moita actividade e a maioría das casas tradicionais están en uso e ben restauradas. As casas labregas son grandes, com …
Tres vales pirenaicos
16 A 19 DE XULLO DE 2014 Val de Pineta Deixamos atrás Ordesa para visitar algúns dos outros vales que conforman o parque nacional. Comezamos por Pineta, un enorme e longo val do que só unha pequena parte pertence ao parque. No pasado hospedou unha lingua de xeo de mais de 40 km, que excavou un val en artesa case perfecto. Desafortunadamente, a presencia de neve alterou o noso plan outra vez e impediunos subir ao Balcón de Pineta, parte …
Ordesa e Monte Perdido, a xoia dos Pirineos
13, 14 E 15 DE AGOSTO DE 2014 Ponte románica de Bujaruelo En 1918 o Val de Ordesa (Huesca) foi declarado Parque Nacional, sendo así o segundo territorio en recibir tal protección en España, só un mes despois que a montaña de Covadonga. Isto podería dar unha pista da importancia desta paisaxe de montaña, pero o certo é que a beleza e singularidade deste lugar supera calquera espectativa. En 1982, grazas en parte á presión popular, o parque foi ampliado para incluir …